martes, 13 de septiembre de 2011

A ver que sae daquí

Bueno, visto que moitos compañeiros están a facer blogs de contido variable, eu aínda non sei qué meter no contido. Primeiro pensei en falar un pouco da miña vida, pero pode ser bastante aburrido (non porque non tivese unha vida bonita, senón porque pode ser aburrido para os que queiran ler este blog), logo pensei en falar  da miña vida deportiva, pero como non me acordo moito de todos os meus logros, pois case que prefiro non ir por ahí por si me quedara algún importante (teño unha cabeciña que ...). Da miña vida cotizando á facenda, pois tampouco creo que sexa moi interesante. Entón, case que me quedan poucas opcións, ou quizáis non pense eu en máis opcións que as que teño agora na cabeza, polo que ... podo falar de:
1.- entrenos, raids e orientación
2.- anécdotas de traballo ou incluso da vida cotiá.
3.- pinceladas do que se me ocorra
4.- facer un diario
5.- ...
6.- (xa comezo a pensar que esto non vai a ningún lado)
7.- (esto vai estar máis vacío que ... eu que sei)
8.- (vou parar porque non hai por ónde collelo)

Bueno, que esto vai quedar así e xa veremos o contido que lle votamos.

saudos
quito